ORGANIZACIÓN DO BLOGUE

ORGANIZACIÓN DO BLOGUE

Usaremos a páxina principal para anunciarvos cousas puntuais como avisos de eventos con data fixa. Para información referida á situación do peche debedes acudir á páxina web do centro.
A parte da columna da dereita dedicarémola a organizar propostas de traballo e recursos que poden ser de utilidade para estos días. Máis abaixo atoparedes tamén os enlaces aos blogues das distintas especialidades.
Para calquera consulta podedes poñervos en contacto coa titora do voso grupo:
3anosoutes@gmail.com
4anosaoutes@gmail.com
4anosboutes@gmail.com
5anosaoutes@gmail.com
5anosboutes@gmail.com


A nosa pretensión con este blogue non é que o alumnado faga xornadas de cinco horas diarias como na escola. Nada do que propoñamos podería substituir as interaccións que se alí se producen entre iguais que son as bases das aprendizaxes. A idea é que poidades incluír algunhas delas cada día sen presión, sen necesidade de facelas todas, adaptándoas aos ritmos e preferencias de cada neno e nena, priorizando sempre o xogo libre.

martes, 24 de marzo de 2020

#VisitaUnMuseo

Ilustración de Lisbeth Zwerger
Non podemos ir aos museos en directo, pero... PODEMOS VISITALOS ONLINE! Saír de paseo con axuda das novas metodoloxías e a nosa imaxinación.
Para iso, acabamos de editar a páxina "Imos de museo", con novos museos e enlaces directos ás súas coleccións ou visitas virtuais.

Agardamos que os disfrutedes!
E... animade ás vosas familias a acompañarvos na aventura ;)

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Dia internacional do medio ambiente

Hoxe retomamos o Rap do Medioambiente que escribimos no Entroido. O alumnado de 3 anos, 1º e 3º de primaria escolleron esta temática para es...