- Ecribir unha lista da compra (cada quen desde a etapa na que se atope, nunca copiando).
- Recoller nun diario unha idea que resuma que foi o mellor de cada día para cada persoa da familia.
- Tomando como referencia o conto lido o día anterior imos imaxinar que pasaria se desaparecera unha das personaxes. Poderías inventar un final distinto? Ocúrrensete outro titulos posibles?
- Xogamos a buscar palabras que comecen pola inicial de: do nome de mamá, da comida de hoxe, do día de hoxe....
- Recoller algunhas revistas e xornais e buscar onde hai letras maiúsculas en distintas tipografías, recortalas para facer un banco de letras móbiles coas que podemos: montar os nomes da familia, das personaxes de conto, da froita da merenda....
- Escoller unha foto do álbum familiar, dunha revista ou xornal e buscarlle un títular.
- Escoller varias fotos de familiares e escribir en maiúsculas nunhas tarxetas os seus nomes (as persoas adultas). Intentar asociar fotografía coa tarxeta correspondente.
- Buscade algúns animais dos que tedes pola casa e escollede a parte que máis vos guste de cada un deles. Agora debuxa un animal imaxianiro que recolla todas as partes escollidas antes: cabeza de león, pescozo de xirafa, colmillos de rato, cola de cocodrilo...Xa podedes poñerlle un nome como Xiracoco (xirafa+cocodrilo), pensa que come e onde podería vivir. Con todo isto xa te podes inventar unha pequena historia co teu animal de protagonista que podes gravar e mandarlla aos teus avós.
ORGANIZACIÓN DO BLOGUE
ORGANIZACIÓN DO BLOGUE
A parte da columna da dereita dedicarémola a organizar propostas de traballo e recursos que poden ser de utilidade para estos días. Máis abaixo atoparedes tamén os enlaces aos blogues das distintas especialidades.
Para calquera consulta podedes poñervos en contacto coa titora do voso grupo:
3anosoutes@gmail.com
4anosaoutes@gmail.com
4anosboutes@gmail.com
5anosaoutes@gmail.com
5anosboutes@gmail.com
A nosa pretensión con este blogue non é que o alumnado faga xornadas de cinco horas diarias como na escola. Nada do que propoñamos podería substituir as interaccións que se alí se producen entre iguais que son as bases das aprendizaxes. A idea é que poidades incluír algunhas delas cada día sen presión, sen necesidade de facelas todas, adaptándoas aos ritmos e preferencias de cada neno e nena, priorizando sempre o xogo libre.
Lecto-escritura
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
Dia internacional do medio ambiente
Hoxe retomamos o Rap do Medioambiente que escribimos no Entroido. O alumnado de 3 anos, 1º e 3º de primaria escolleron esta temática para es...
-
A golpe de luns chega Pablo coa segunda clase de Muñeira. Neste video atoparedes un repaso da primeira sesión e avanzamos co segundo punto d...
-
Traémosvos unha nova proposta. Teredes que buscar pola casa que material tedes dispoñible para facelo. Nós despois de rebuscar e rebuscar ac...
-
Dádevos unha volta pola sección de experimentos que acabamos de engadir seis novas oportunidades de desfrutar coa ciencia, algunha ben espec...
No hay comentarios:
Publicar un comentario