ORGANIZACIÓN DO BLOGUE

ORGANIZACIÓN DO BLOGUE

Usaremos a páxina principal para anunciarvos cousas puntuais como avisos de eventos con data fixa. Para información referida á situación do peche debedes acudir á páxina web do centro.
A parte da columna da dereita dedicarémola a organizar propostas de traballo e recursos que poden ser de utilidade para estos días. Máis abaixo atoparedes tamén os enlaces aos blogues das distintas especialidades.
Para calquera consulta podedes poñervos en contacto coa titora do voso grupo:
3anosoutes@gmail.com
4anosaoutes@gmail.com
4anosboutes@gmail.com
5anosaoutes@gmail.com
5anosboutes@gmail.com


A nosa pretensión con este blogue non é que o alumnado faga xornadas de cinco horas diarias como na escola. Nada do que propoñamos podería substituir as interaccións que se alí se producen entre iguais que son as bases das aprendizaxes. A idea é que poidades incluír algunhas delas cada día sen presión, sen necesidade de facelas todas, adaptándoas aos ritmos e preferencias de cada neno e nena, priorizando sempre o xogo libre.

Imos ao museo

En primeiro lugar quero deixarvos o enlace de Google Arts & Culture  que é un sitio web que presenta unha recopilación de imaxes en alta resolución de obras de arte expostas en varios museos do mundo, así como un recorrido virtual polas galerías nas que se atopan.


E ademáis todos estes museos de xeito virtual a tan só un click! Pincha nas imaxes dos mesmos para entrar neles!


MUSEOS DE ARTE

CGAC - Museo Galego de 
Arte Contemporánea
(Santiago de Compostela)
Museo Granell
(Santiago de Compostela)
Museo de Belas Artes
(A Coruña)
Museo do Prado
(Madrid)
Museo Thyssen Bornemisza
(Madrid)
Museo do Louvre
(París)
British Museum
(Londres)
National Gallery
(Londres)
Galería Uffizzi
(Florencia)


MUSEOS DE CIENCIA

MUNCYT - Museo Nacional
de Ciencia e Tecnoloxía
(A Coruña)
Museo de 
las Artes y las Ciencias
(Valencia)
Museo Nacional 
de Ciencias Naturales - CSIC
(Madrid)


MUSEOS ETNOGRÁFICOS

Museo Arqueolóxico Municipal
(Ourense)
Conxunto Etnográfico 
de O Cebreiro
(Lugo)
Museo do Mar de Galicia
(Vigo)
Museo Massó
(Bueu, Pontevedra)
Museo Pedagóxico 
de Galicia
(Santiago de Compostela)
Castro de Viladonga
(Castro de Rei, Lugo)

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Dia internacional do medio ambiente

Hoxe retomamos o Rap do Medioambiente que escribimos no Entroido. O alumnado de 3 anos, 1º e 3º de primaria escolleron esta temática para es...