Boas familias,
Inauguramos nova sección no blog. No menú da esquerda poderedes atopar esta sección onde iremos recollendo experimentos con material que todas temos na casa coa intención de pasar un bo rato en familia. Comezamos con 5 propostas con auga como material principal que iremos ampliando nos próximos días.
Lede ben o procedemento para que ademais de pasalo ben podamos traballar elaborando hipóteses e comprobar cal foi a que se cumpriu de entre todas as fomuladas.
Pasade unha boa fin de semana e moito ánimo que imos no bo camiño!
No hay comentarios:
Publicar un comentario