ORGANIZACIÓN DO BLOGUE

ORGANIZACIÓN DO BLOGUE

Usaremos a páxina principal para anunciarvos cousas puntuais como avisos de eventos con data fixa. Para información referida á situación do peche debedes acudir á páxina web do centro.
A parte da columna da dereita dedicarémola a organizar propostas de traballo e recursos que poden ser de utilidade para estos días. Máis abaixo atoparedes tamén os enlaces aos blogues das distintas especialidades.
Para calquera consulta podedes poñervos en contacto coa titora do voso grupo:
3anosoutes@gmail.com
4anosaoutes@gmail.com
4anosboutes@gmail.com
5anosaoutes@gmail.com
5anosboutes@gmail.com


A nosa pretensión con este blogue non é que o alumnado faga xornadas de cinco horas diarias como na escola. Nada do que propoñamos podería substituir as interaccións que se alí se producen entre iguais que son as bases das aprendizaxes. A idea é que poidades incluír algunhas delas cada día sen presión, sen necesidade de facelas todas, adaptándoas aos ritmos e preferencias de cada neno e nena, priorizando sempre o xogo libre.

Biblioteca virtual






Moitas de vós contádesnos que ledes todos os días cos vosos fillas e fillas e, aínda que sabemos que non hai nada como compartir un bo libro, poder pasar as súas follas... temos que buscar alternativas para estos días porque os recursos que temos nas casa son limitados.
Nos seguintes enlaces podedes atopar algunhas bibliotecas virtuais ou enlaces onde directamente podedes escoitar a lectura dun conto.



BIBLIOTECAS


https://www.galiciale.gal/


http://www.childrenslibrary.org/icdl/SimpleSearchCategory?ilang=Spanish






 

CONTOS CONTADOS


http://www.kalandraka.tv/gl/index.php


https://www.symbaloo.com/shared/AAAABx4ZaiEAA42ASDVfyw==




https://www.youtube.com/channel/UCrVQ7rVWB600JE7zXelPhhA

 

 CONTOS CON ANIMACIÓN


 http://www.crtvg.es/infantil/programas/os-contos-do-camino
 


     

    No hay comentarios:

    Publicar un comentario

    Dia internacional do medio ambiente

    Hoxe retomamos o Rap do Medioambiente que escribimos no Entroido. O alumnado de 3 anos, 1º e 3º de primaria escolleron esta temática para es...