PROPOSTAS
- Poñer a mesa para comer, contar cantos somos e colocar todo o necesario.
- Imos a pesar: escoller varios obxectos e elaborar hipótesis sobre cal pesará máis e cal menos. Repetimos a proposta coas persoas da casa.
- Escollemos algúns envases pola casa ( cartón de leite, paquete de galletas, botellas con líquidos...) e atopar os números que aparecen neles. Crear hipótesis sobre o seu significado, hai algún envase no que se repitan?
- Buscamos un envase de un litro de capacidade e uns vasos. Cantos vasos podemos encher coa auga de dentro? Comprobemos. E que pasaría se o recipiente fora de dous litros, cantos vasos poderíamos encher?
- Elaboramos un calendario do mes no que podemos marcar as datas importantes (cumpreanos familiares, axenda de actividades...). Cada día podemos tachar o número correspondente e contar cantos días quedan ata o fin de semana ou ata final de mes.
- Elaborar unha axenda cos nomes das persoas que máis nos importan. Cada día imos escoller unha para chamala e preocuparnos por como se atopa e contarlle como estamos nós tamén. Marcaremos os números do seu teléfono ao dictado de mamá ou papá ( se non sei cal é empregaremos unha recta numérica contando desde o 1 en adiante para atopalo). Outras veces poden seas as nenas e nenos os que dicten os números ás maiores.
- Xogos de taboleiro e cartas en familia: parchís, oca, cinquillo, burro....
No hay comentarios:
Publicar un comentario