Un dos primeiros textos aos que teñen acceso as nenas e nenos son os contos. Desde moi pequen@s, xa sexa de forma oral ou lendo algún texto, contámoslles. Nós como persoas adultas recordamos con emoción esos momentos nos que nos contaron, porque foron momentos de compartir aventuras, de tempo en exclusiva coas persoas que queremos, de descubrimentos... momentos que eran un pracer.
É importante a selección que facemos dos textos que lemos considerando un dos pilares para a súa escolla a calidade tanto do texto como das ilustracións, escapando de contos de debuxos animados ou de estéticas infantilizadas. Desto falamos aquí.
Propoñémosvos agora outro tipo de acercamento a este tipo de textos, buscando profundizar coas vosas fillas e fillos en aspectos relacionados con algunhas das súas propiedades. Iremos avanzando todas xuntas pouco a pouco con propostas que lles permitan, ás nenas e nenos, reflexionar sobre elas.
Fórmulas fixas
Os textos narrativos teñen fómulas tanto de inicio (Érase unha vez...) como de final (colorín colorado...). É importante coñecelas porque axúdanos a identificar este tipo de textos.
Co obxectivo de familiarizarnos con elas propoñémosvos que fagades un listado con estas fórmulas, tanto de inicio como de remate. Podedes recoller no listado tanto as que xa saben os nenos e nenas como as que van aparecendo nos contos que lles ledes... Tamén podedes recurrir a outras vías que se vos ocurran para localizar esta información (chamar ás avoas e avós para preguntarlles, a unha curmá para que mire nos álbumes ilustrados que teñen na súa casa...).
Ademáis podedes proporlles que sexan elas e eles os que anoten estas fórmulas fixas según vaian aparecendo (xa sabedes, cada quen escribindo na etapa na que se atope, non copiando o que as persoas adultas lles escribimos).
É unha porposta para realizar durante ás dúas próximas semanas. Para que a actividade sexa significativa iremos reflexionando con eles e elas, cando van aparecendo, se lles parece que serven para empezar un conto ou para pechalo, pouco a pouco, de nada
sirve buscar un día en internet un montón delas se non poden comprobar para que server, cando se usan...
Unha vez que teñades recollidas unhas poucas podedes envialas, ben escritas ou en foto, a vosa titora. Recolleremos todas as recibidas e as publicaremos aquí para que nos quede un banco de recursos para cando o precisemos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario