Nesta sección aparecerán propostas encamiñadas a que as nenas e nenos sexan cada día máis independentes. En casa cos obxectos máis cotidianos fomentaremos que participen nas tarefas domésticas reais do día a día. O noso papel será facilitar a súa participación proporcionando materiais necesarios para cada caso.
Son actividade de por sí atractivas polo feito de imitar aos adultos usando eso sí, materiais reais, se podemos adpatados en tamaño para que sexan máis funcionais. Temos que modular as nosa expectativas no referenta ao que cada nena e neno poden dar en función das súas experiencias, edad, desenvolvemento....
Con estas porpostas entrenamos destrezas relacionadas coa coordinación, precisión, autocontrol, auto-concepto, disciplina, concentración, autonomía, orden....
- Pelar ovos cocidos.
- Cortar verduras.
- Axudar a lavar/secar pratos.
- Servir as bebidas na mesa.
- Poñer e quitar a mesa.
- Colocar os cubiertos lavados.
- Axudar a colocar a compra.
- Axudar a tender a roupa.
- Limpar os seus zapatos.
- Prepararse pequenas merendas: iogurt con froita, un pequeno bocata, brochetas....
- Facer a cama .
- Vestirse, desvestirse e levar a roupa ao cesto da roupa sucia.
- Abrir e pechar envases.
- Regar as prantas.
- Encargarse da alimentación dos animais que teñamos na casa.
- Utilizar un trapo para limpar.
Como adultos presentes debemos acompañalos nestas accións e daremos só a axuda necesaria, procurando non intervir demasiado. Algúns nenos e nenas só precisan que esteamos cerca.
No hay comentarios:
Publicar un comentario