LECTURA DE LECER
Todos os días na aula lemos un conto, é algo que nos relaxa e que desfrutamos. Buscamos álbums ilustrados de calidade e seguro que tedes na casa algúns que podesde reler. Buscade distintos sitios onde vos sintades cómod@s e desfrutade dun rato de lectura en boa compañía.
Se non tedes posibilidade de variar de contos podedes buscar na rede contos que poidades ler. Tede en conta que falamos de que vos sexades vos os que decodifiquedes os contos, que non é o mesmo que poñerlles un video non que “vexan” unha historia. Facede que as nenas e neas non perdan este hábito.
LECTURA DE TEXTOS INSTRUTIVOS
É interesante a lectura de este tipo de texto para que coñezan a súa función. Esto vai a resultar fácil de introducir dentro da rutina xa que cada vez que cociñedes con el@s, fagades unha manualidade, aprendades as normas dun novo xogo... podes aproveitar para ir lendo en voz alta con el@s e comprobar se conseguides chegar ao final do proceso con éxito. Seguramente teredes que ir parándovos cada pouco e relendo fragmentos xa lidos.
ORGANIZACIÓN DO BLOGUE
ORGANIZACIÓN DO BLOGUE
A parte da columna da dereita dedicarémola a organizar propostas de traballo e recursos que poden ser de utilidade para estos días. Máis abaixo atoparedes tamén os enlaces aos blogues das distintas especialidades.
Para calquera consulta podedes poñervos en contacto coa titora do voso grupo:
3anosoutes@gmail.com
4anosaoutes@gmail.com
4anosboutes@gmail.com
5anosaoutes@gmail.com
5anosboutes@gmail.com
A nosa pretensión con este blogue non é que o alumnado faga xornadas de cinco horas diarias como na escola. Nada do que propoñamos podería substituir as interaccións que se alí se producen entre iguais que son as bases das aprendizaxes. A idea é que poidades incluír algunhas delas cada día sen presión, sen necesidade de facelas todas, adaptándoas aos ritmos e preferencias de cada neno e nena, priorizando sempre o xogo libre.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
Dia internacional do medio ambiente
Hoxe retomamos o Rap do Medioambiente que escribimos no Entroido. O alumnado de 3 anos, 1º e 3º de primaria escolleron esta temática para es...
-
A golpe de luns chega Pablo coa segunda clase de Muñeira. Neste video atoparedes un repaso da primeira sesión e avanzamos co segundo punto d...
-
Traémosvos unha nova proposta. Teredes que buscar pola casa que material tedes dispoñible para facelo. Nós despois de rebuscar e rebuscar ac...
-
Dádevos unha volta pola sección de experimentos que acabamos de engadir seis novas oportunidades de desfrutar coa ciencia, algunha ben espec...
No hay comentarios:
Publicar un comentario