Para a fin de semana propoñémosvos ir ao CIRCO DO SOL en familia. Por primeir vez podemos ver un amplo recopilatorio de dous dos seus espectáculos KURIUS e LUZIA. Premede na fotografía para velo e deixade voar a imaxinación. A desfrutar soñando!
ORGANIZACIÓN DO BLOGUE
ORGANIZACIÓN DO BLOGUE
A parte da columna da dereita dedicarémola a organizar propostas de traballo e recursos que poden ser de utilidade para estos días. Máis abaixo atoparedes tamén os enlaces aos blogues das distintas especialidades.
Para calquera consulta podedes poñervos en contacto coa titora do voso grupo:
3anosoutes@gmail.com
4anosaoutes@gmail.com
4anosboutes@gmail.com
5anosaoutes@gmail.com
5anosboutes@gmail.com
A nosa pretensión con este blogue non é que o alumnado faga xornadas de cinco horas diarias como na escola. Nada do que propoñamos podería substituir as interaccións que se alí se producen entre iguais que son as bases das aprendizaxes. A idea é que poidades incluír algunhas delas cada día sen presión, sen necesidade de facelas todas, adaptándoas aos ritmos e preferencias de cada neno e nena, priorizando sempre o xogo libre.
domingo, 29 de marzo de 2020
viernes, 27 de marzo de 2020
Experimentos
Boas familias,
Inauguramos nova sección no blog. No menú da esquerda poderedes atopar esta sección onde iremos recollendo experimentos con material que todas temos na casa coa intención de pasar un bo rato en familia. Comezamos con 5 propostas con auga como material principal que iremos ampliando nos próximos días.
Lede ben o procedemento para que ademais de pasalo ben podamos traballar elaborando hipóteses e comprobar cal foi a que se cumpriu de entre todas as fomuladas.
Pasade unha boa fin de semana e moito ánimo que imos no bo camiño!
martes, 24 de marzo de 2020
#VisitaUnMuseo
Ilustración de Lisbeth Zwerger |
Para iso, acabamos de editar a páxina "Imos de museo", con novos museos e enlaces directos ás súas coleccións ou visitas virtuais.
Agardamos que os disfrutedes!
E... animade ás vosas familias a acompañarvos na aventura ;)
LUZ
Boas de novo familias!
Hoxe queremos enviarvos un abrazo virtual enorme e decirvos que vos botamos moito de menos.
Aproveitaremos esta semana de sol que temos por diante para facervos unha nova proposta e xogar moi cerca da ventana. En todas as casas, e máis agora coas limpezas que estamos a facer, aparecen tersouros que nos van vir ben para esta actividade como: vasos de colores, floreros de cristal, plástico de forrar libros, separadores de plástico, tuppers da cociña, bolsas...
Agora imos buscar unha ventana por onde entre o sol e colocaremos estos obxectos diante desa luz para experimentar con aqueles que deixan a pasar (translúcidos) e os que non (opacos). Xogade co ángulo desde onde lle chega a luz para ver como eses obxectos se fan máis grandes ou máis pequenos....
Podemos tamén facer composicións cos obxectos e ver que efecto fan na parede: colores, formas....
Ánimo e a explorar posibilidades xunt@s!
sábado, 21 de marzo de 2020
21 de Marzo Día da Poesía
Ola de novo?
que tal estades? Esperamos que todas ben e con moito ánimo para continuar !!!
Como é o día da poesía queremos animarvos a participar na proposta da Biblioteca Ánxel Casal de Santiago. A tarefa consiste en compoñer un verso utilizando os títulos de libros e contos que teñades pola casa. Unha vez que decidades cal vai ser o voso poema convidámosvos a regalar unha foto no que apareza a algunha compañeir@ de clase que seguro teredes moitas gañas de ver.
martes, 17 de marzo de 2020
#TODOSAIRABEN
lunes, 16 de marzo de 2020
BENVIDAS
Preferiamos ter comezado esta andadura doutro xeito pero a realidade na que estamos é esta. A nosa máxima agora mesmo debe ser #euquedonacasa. Temos un compromiso cas persoa maiores, coas que teñen algún risco asociado, con non colapsar a sanidade.....e ese compromiso pasa por non sair de casa salvo para os supostos que están previstos.
As vosas fillas e fillos levan escoitado moito sobre o tema, na televisión, a vós, na rúa....e esta situación que están vivindo sae da súa normalidade polo que poden presentar momentos de incertidumbre e teredes que acompañalos da mellor maneira posible. É unha situación difícil para tod@s da que conseguiremos saír adiante. Ánimo!!!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
Dia internacional do medio ambiente
Hoxe retomamos o Rap do Medioambiente que escribimos no Entroido. O alumnado de 3 anos, 1º e 3º de primaria escolleron esta temática para es...
-
A golpe de luns chega Pablo coa segunda clase de Muñeira. Neste video atoparedes un repaso da primeira sesión e avanzamos co segundo punto d...
-
Traémosvos unha nova proposta. Teredes que buscar pola casa que material tedes dispoñible para facelo. Nós despois de rebuscar e rebuscar ac...
-
Dádevos unha volta pola sección de experimentos que acabamos de engadir seis novas oportunidades de desfrutar coa ciencia, algunha ben espec...