ORGANIZACIÓN DO BLOGUE

ORGANIZACIÓN DO BLOGUE

Usaremos a páxina principal para anunciarvos cousas puntuais como avisos de eventos con data fixa. Para información referida á situación do peche debedes acudir á páxina web do centro.
A parte da columna da dereita dedicarémola a organizar propostas de traballo e recursos que poden ser de utilidade para estos días. Máis abaixo atoparedes tamén os enlaces aos blogues das distintas especialidades.
Para calquera consulta podedes poñervos en contacto coa titora do voso grupo:
3anosoutes@gmail.com
4anosaoutes@gmail.com
4anosboutes@gmail.com
5anosaoutes@gmail.com
5anosboutes@gmail.com


A nosa pretensión con este blogue non é que o alumnado faga xornadas de cinco horas diarias como na escola. Nada do que propoñamos podería substituir as interaccións que se alí se producen entre iguais que son as bases das aprendizaxes. A idea é que poidades incluír algunhas delas cada día sen presión, sen necesidade de facelas todas, adaptándoas aos ritmos e preferencias de cada neno e nena, priorizando sempre o xogo libre.

miércoles, 27 de mayo de 2020

Vai de contos

Deixámosvos unha nova sorpresa en forma de conto, porque xa sabedes que non podemos deixar de lervos contos. Aquí vai!



martes, 26 de mayo de 2020

Secuencia Conto

Están chegando as primeiras fórmulas de inicio e fin que atopáchedes nos contos. Animámosvos a seguir enviando par poder facer entre tod@s unha lista moi variada e extensa á que recurrir cando escribamos o noso propio conto.

domingo, 24 de mayo de 2020

Hoxe xogamos con...

Novo xogo matemático, desta volta, con cartas. Para poder xogar é necesario que as nenas e nenos se atopen no nivel cadena rompible, é decir, que sexan capaces de contar desde un número concreto en adiante. Se non fora o caso poderes adaptarlo pedíndolles que poñan tantas pezas como marca a carta, ou unha máis, unha menos.... Como sempre podedes poñernos nos comentarios as variantes dos vosos xogos...






jueves, 21 de mayo de 2020

Sombras

Deixamos unha nova proposta para experimetar coa luz, o sol, as sombras... Escollede algúns obxectos na casa que sexan un pouco altos e poñédeos diante dun papel buscando a proxeccion da súa  sobra. Cando o teñades listo podedes trazar con un rotulador a sombra dos obxectos. Propoñémosvos que volvades ao cabo dunha hora a ver que ocurriu coa sombra e co voso debuxo, podedes trazar outra sombra? ...e se volvedes outra hora máis tarde?...
Aquí podedes ver como comezar coa proposta que non queremos adiantarvos o que vai pasar. Animádesvos a probar?

martes, 19 de mayo de 2020

Propostas matemáticas

Tedes no menú da esquerda o apartado de Propostas matemáticas no que iniciamos unha nova serie de videos nos que iremos mostrando xogos matemáticos con direrentes materiais e que chamamos Hoxe xogamos con...
Aquí vos deixamos o primeiro. Como sempre podedes poñernos nos comentarios outras variantes.



lunes, 18 de mayo de 2020

Refraneiro de Outes

Deixámosvos o video do Equipo de Normalización Lingüística onde se recollen todas as vosas aportacións. Moitas grazas por participar.




sábado, 16 de mayo de 2020

Letras Galegas 2020



 Este ano o Día das Letras dedícáselle a

RICARDO CARVALHO CALERO

Deixámosvos un video para que coñezades os datos máis destacados da súa biografía.



Se premedes na foto podedes ler o álbum ilustrado co texto orixinal do relato "As pitas baixo a choiva" publicado por don Ricardo Carvalho Calero na revista arxentina Lar en 1952. A presente edición, ilustrada por Alberto Toval, respeta a grafía orixinaria escollida polo autor naquela altura.





E aquí abaixo tedes acceso á Banda das pitas, un proxecto educativo da Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra inspirado libremente no conto do mesmo título de don Ricardo Carvalho Calero. Premendo na foto tedes acceso a catro dos seus temas.

Banda das pitas

viernes, 15 de mayo de 2020

Botamos un baile?

Que tal se botamos un baile....Se vos apetece movervos temos unha nova proposta grazas á colaboración de Estevo Lamas que nos envía este video para pasar un bo rato bailando.



jueves, 14 de mayo de 2020

Experimentos

Dádevos unha volta pola sección de experimentos que acabamos de engadir seis novas oportunidades de desfrutar coa ciencia, algunha ben espectacular como a pasta de dentes de elefante ou o do arco da vella. Non olvidedes comentarnos que vos pareceron.



martes, 12 de mayo de 2020

Reto Muiñeira

E chegou o momento de seguir avanzando, xa imos pola clase número 3. Moitas grazas a Pablo por acompañarnos neste camiño.
Non vos olvidedes de ir practicando cada pouco que en nada bailaremos todas xuntas!!! Moito ánimo!




sábado, 9 de mayo de 2020

Desde a butaca

Deixámosvos un concerto para desfrutar en familia, trátase do "Carnaval de los Animales" a cargo da Orquesta Sinfónica Ciudad de Zaragoza e  Caleidoscopio Teatro. A disfrutar da fin de semana!



jueves, 7 de mayo de 2020

Texto narrativo: CONTO




Un dos primeiros textos aos que teñen acceso as nenas e nenos son os contos. Desde moi pequen@s, xa sexa de forma oral ou lendo algún texto, contámoslles. Nós como persoas adultas recordamos con emoción esos momentos nos que nos contaron, porque foron momentos de compartir aventuras, de tempo en exclusiva coas persoas que queremos, de descubrimentos... momentos que eran un pracer.       
Propoñémosvos agora outro tipo de achegamento a este tipo de textos, buscando profundizar coas vosas fillas e fillos en aspectos relacionados con algunhas das súas propiedades. Iremos avanzando todas xuntas pouco a pouco con propostas que lles permitan, ás nenas e nenos, reflexionar sobre elas.
Nesta sección Texto narrativo: Conto que atoparedes no menú da esquerda iremos publicando as distintas propostas. Hoxe comezamos coas fórmulas fixas. Agardamos as vosas fotos!




martes, 5 de mayo de 2020

Sombras

Traemos unha nova proposta ao blog para experimentar coas sombras. Trátase dunha proposta de interior para levar mellor esta semana na que os nenos e nenas elaborarán o seu propio material para interactuar coa luz.

Todas as propostas de luz podedes atopalas coa etiqueta luz, ou no menú da esquerda. Encántanos que nos enviedes as vosas fotos e comentedes que tal foi a experiencia. De igual forma, se queredes, nos comentarios podedes apuntar posibles variacións que fixéchedes na casa para adaptarvos aos materiais que tedes.

viernes, 1 de mayo de 2020

Maio

Se fostes tachando no calendario sabedes que comezamos mes. Hoxe toca darlle a benvida a MAIO e imos facelo con este poema reivindicativo de Curros Enríquez no que invoca unha primavera de liberdade e xustiza




Ademáis é tradicional a celebración desta data coa Festa dos maios, podedes ver no video en que consiste.


E máis concretamente en Outes a celébrase esta data co Pampallín, este nome ven dos fachos de palla que antigamente empregaban @s labreg@s para ver de noite. Co comezo da primavera recorríanse de noite as agras de Outes, cadaquen co seu pampallín recitando ditos populares par celebrar a chegada da estación. Podíanse ver na distacia os fachos das outras parroquias bailando e camiñando arredor das agras. Da tradición oral recolleuso o seguinte dito popular:


Pampallín pampallán,
alumia o meu pan.
Cada espiga o seu ferrado
cada gran o seu bugallo.

Ademáis no cole temos unha porposta para celebrar o Pampallín que consiste en ir recoller os pampillos para elaborar collares, diademas...tedes toda a información na web do cole. Neste video podedes ver como facelo.




Animádevos a participar e mandádenos as vosas fotos!!

Dia internacional do medio ambiente

Hoxe retomamos o Rap do Medioambiente que escribimos no Entroido. O alumnado de 3 anos, 1º e 3º de primaria escolleron esta temática para es...