A luz é un elemento fascinante para os nenos e nenas, promove o desarrollo da curiosidade e a creatividade. Invita á experimentación de manera tranquila: manipulando sombras, creando reflexiones, cambiando de cor os obxectos.....na exploración da luz as nenas e nenos crean novas ideas e novos entendimentos; fan preguntas e hipóteses que proban e reformulan de novo.
Nesta sección recolleremos porpostas que inviten a xogar. Xogar coa luz natural, coas sombras, coas proxeccións, coa cores, coas transparencias....
Na nosa escola a zona de luz é unha das máis demandada por iso pensamos en como poderíades recrear un espazo de luz nas vosas casas.
Como construir un retroproxector
No seguinte video explicamos como construir un retroproxector.
Experimentar coa luz natural
Aproveitaremos un día de sol para unha nova proposta e xogar moi cerca da ventana. En todas as casas, e máis agora coas limpezas que estamos a facer, aparecen tersouros que nos van vir ben para esta actividade como: vasos de colores, floreros de cristal, plástico de forrar libros, separadores de plástico, tuppers da cociña, bolsas...Agora imos buscar unha ventana por onde entre o sol e colocaremos estos obxectos diante desa luz para experimentar con aqueles que deixan a pasar (translúcidos) e os que non (opacos). Xogade co ángulo desde onde lle chega a luz para ver como eses obxectos se fan máis grandes ou máis pequenos....
Podemos tamén facer composicións cos obxectos e ver que efecto fan na parede: colores, formas....
Ánimo e a explorar posibilidades xunt@s!!
As sombras e o paso do tempo
Deixamos unha nova proposta para experimetar coa luz, o sol, as sombras... Escollede algúns obxectos na casa que sexan un pouco altos e poñédeos diante dun papel buscando a proxeccion da súa sobra. Cando o teñades listo podedes trazar con un rotulador a sombra dos obxectos. Propoñémosvos que volvades ao cabo dunha hora a ver que ocurriu coa sombra e co voso debuxo, podedes trazar outra sombra? ...e se volvedes outra hora máis tarde?...Aquí podedes ver como comezar coa proposta que non queremos adiantarvos o que vai pasar. Animádesvos a probar?
No hay comentarios:
Publicar un comentario