A idea é bailar todas xuntas unha muñeira o primer día que nos vexamos. Celebar dalgunha forma ese momento que tantas gañas temos de que chegue e do que cada día estamos máis cerca.
Agora ben, ese momento que vai ser especial e por tanto necesita dunha preparación. Iremos pouco a pouco para que niguén se quede atrás. Periódicamente colgaremos un video no que , grazas a Pablo, aprenderemos un punto de muñeira. Teremos tempo de practicar ata a chegada do seguinte video.
Finalmete uniremos todos os puntos para darlle forma á muiñeira que bailaremos á volta.
Comezamos entón coa primeira clase. Recordade practicala a menudo antes de que chegue a segunda entrega.
No hay comentarios:
Publicar un comentario