ORGANIZACIÓN DO BLOGUE

ORGANIZACIÓN DO BLOGUE

Usaremos a páxina principal para anunciarvos cousas puntuais como avisos de eventos con data fixa. Para información referida á situación do peche debedes acudir á páxina web do centro.
A parte da columna da dereita dedicarémola a organizar propostas de traballo e recursos que poden ser de utilidade para estos días. Máis abaixo atoparedes tamén os enlaces aos blogues das distintas especialidades.
Para calquera consulta podedes poñervos en contacto coa titora do voso grupo:
3anosoutes@gmail.com
4anosaoutes@gmail.com
4anosboutes@gmail.com
5anosaoutes@gmail.com
5anosboutes@gmail.com


A nosa pretensión con este blogue non é que o alumnado faga xornadas de cinco horas diarias como na escola. Nada do que propoñamos podería substituir as interaccións que se alí se producen entre iguais que son as bases das aprendizaxes. A idea é que poidades incluír algunhas delas cada día sen presión, sen necesidade de facelas todas, adaptándoas aos ritmos e preferencias de cada neno e nena, priorizando sempre o xogo libre.

martes, 28 de abril de 2020

Nova sección no blog: LUZ

 

A luz é un elemento fascinante para os nenos e nenas, promove o desarrollo da curiosidade e a creatividade. Invita á experimentación de manera tranquila: manipulando sombras, creando reflexiones, cambiando de cor os obxectos.....na exploración da luz as nenas e nenos crean novas ideas e novos entendimentos; fan preguntas e hipóteses que proban e reformulan de novo.
Nesta sección recolleremos porpostas que inviten a xogar. Xogar coa luz natural, coas sombras,  coas proxeccións, coa cores, coas transparencias.... Atoparédela no menú da esquerda cun video para construir un retroproxector na casa.

lunes, 27 de abril de 2020

Videoconferencias

Recordade revisar as mensaxes de Abalar e poñervos en contacto coa titora do voso grupo para poder establecer as quendas das videochamadas desta semana. Xa queda menos para vernos e saudarnos! Que gañas temos!

Reto muñeira

A golpe de luns chega Pablo coa segunda clase de Muñeira. Neste video atoparedes un repaso da primeira sesión e avanzamos co segundo punto de muñeira. Ánimo!!


No menú da esquerda podes entrar na páxina do reto para ver todas as clases.

viernes, 24 de abril de 2020

Desde a butaca

Desde a butaca é unha nova sección que atoparedes no menú da esquerda na que atoparedes teatro, circo, curtas, cine, concertos....A idea é desfrutar de experiencias culturais sen sair de casa.
Comezamos con catro propostas de teatro e algunha de circo, eso si, dosificádeas ata a seguinte entrega e non vos olvidesde de xogar. Boa fin de semana!


jueves, 23 de abril de 2020

Series e simetrías

Traémosvos unha nova proposta. Teredes que buscar pola casa que material tedes dispoñible para facelo. Nós despois de rebuscar e rebuscar acabamos no caixóns dos cubertos.

Series

Crearemos co material que temos un patrón ou modelo que iremos repetindo. Teremos que fixarnos na orientación, tamaño, cor, cantidade....dos obxectos empregados. 


Simetrías

No lugar de traballo escollido trazamos unha liña ou eixe. A un lado deste eixe construiremos unha figura que reproduciremos no outro lado de forma simétrica.
   



Podedes poñer nos comentarios, aquí no blog, con que outro material realizáchedes a actividade para darnos ideas unhas ás outras. Animádevos!

miércoles, 22 de abril de 2020

Pegadas no chan


Hoxe 23 de abril conmemoramos o día do libro e non imos deixar de celebralo por estar na casa. Así que sentádevos e preparádevos para esta sorpresa en forma de conto.

viernes, 17 de abril de 2020

Estamos con vós!

Botámosvos moito de menos e pensamos enviarvos esta mensaxe de ánimo para recordarvos que esto vai pasar e que estamos preparando as apertas e bicos que nos imos dar cando nos vexamos. Moito ánimo!!!!!

miércoles, 15 de abril de 2020

Movemento






Inauguramos sección!!!
No menú da esquerda atoparedes propostas tanto para a relaxación como para activarnos. O ideal sería poder realizalas en familia pero encontraredes algunha clase que poderán seguir soas e sós.

Hai propostas para realizar circuitos en casa, despois de velas estaría ben que as propias nenas e nenos buscaran o material que poderían empregar, de forma que se diseñaran o seu propio circuíto. Poderíades convertir esta actividade nunha situación real de escritura propoñéndolles que anoten nun papel o material necesario (cada quen escribe na súa etapa sen copiar dun modelo) e que ademáis debuxaran  a distribución do circuito pola casa, o xardín.... Unha vez rematado e co diseño na man colocamos o material.

Ánimo e a moverse!!

martes, 14 de abril de 2020

Experimentos

Bos días!!!
Esperamos que teñades disfrutado, dentro das posibilidades, das vacacións e que todas en casa sigades ben. Agardamos que o ánimo continue arriba e que volvades con moitas gañas de investigar.

Presentámosvos unha actualización da páxina de Experimentos onde poderedes atopar novas propostas. Incluímos tamén o enlace ao Club de Ciencia de CPI Plurilingüe O Cruce con moitísimos experimentos para que poidades elexir en función do material que teñades na casa.

https://educacioninfantiloutes.blogspot.com/p/blog-page.html

jueves, 2 de abril de 2020

Bibliotecas virtuais


Sabemos que tedes nenas e nenos verdadeiras amantes da boa lectura que devoran libros. Así que imaxinamos que a estas alturas os recursos na casa estanse agotando. Por iso cremos necesario inaugurar esta sección con enlaces a bibliotecas virtuais onde poder ler ou enlaces para escoitar contos.

Como sempre dispoñible no menú da esquerda. Desfrutádeo pero non olvidedes os libros en papel!!

Se queredes podedes deixarnos comentarios abaixo. Ánimo para tod@s!!!

miércoles, 1 de abril de 2020

A bailar!

https://educacioninfantiloutes.blogspot.com/p/reto-muneira.html
Queremos pensar na próxima vez que nos vexamos e vai ser especial! Así que toca practicar para ese día, animádesvos?
No menú da esquerda ou premendo na imaxe podedes ver a primeira clase grazas a Pablo.

Moito ánimo que entre todas imos sacar esto adiante. Forza!!!

Dia internacional do medio ambiente

Hoxe retomamos o Rap do Medioambiente que escribimos no Entroido. O alumnado de 3 anos, 1º e 3º de primaria escolleron esta temática para es...