ORGANIZACIÓN DO BLOGUE
ORGANIZACIÓN DO BLOGUE
A parte da columna da dereita dedicarémola a organizar propostas de traballo e recursos que poden ser de utilidade para estos días. Máis abaixo atoparedes tamén os enlaces aos blogues das distintas especialidades.
Para calquera consulta podedes poñervos en contacto coa titora do voso grupo:
3anosoutes@gmail.com
4anosaoutes@gmail.com
4anosboutes@gmail.com
5anosaoutes@gmail.com
5anosboutes@gmail.com
A nosa pretensión con este blogue non é que o alumnado faga xornadas de cinco horas diarias como na escola. Nada do que propoñamos podería substituir as interaccións que se alí se producen entre iguais que son as bases das aprendizaxes. A idea é que poidades incluír algunhas delas cada día sen presión, sen necesidade de facelas todas, adaptándoas aos ritmos e preferencias de cada neno e nena, priorizando sempre o xogo libre.
viernes, 5 de junio de 2020
Dia internacional do medio ambiente
Hoxe retomamos o Rap do Medioambiente que escribimos no Entroido. O alumnado de 3 anos, 1º e 3º de primaria escolleron esta temática para escribir sobre como afectan os lumes, a contaminación con plásticos nos mares ou o lixo nos rios cercanos. O obxectivo concienciar a toda a comunidade da importancia de coidar a natureza... Canta con nós!!!
miércoles, 3 de junio de 2020
miércoles, 27 de mayo de 2020
Vai de contos
Deixámosvos unha nova sorpresa en forma de conto, porque xa sabedes que non podemos deixar de lervos contos. Aquí vai!
martes, 26 de mayo de 2020
Secuencia Conto
Están chegando as primeiras fórmulas de inicio e fin que atopáchedes nos contos. Animámosvos a seguir enviando par poder facer entre tod@s unha lista moi variada e extensa á que recurrir cando escribamos o noso propio conto.
domingo, 24 de mayo de 2020
Hoxe xogamos con...
Novo xogo matemático, desta volta, con cartas. Para poder xogar é necesario que as nenas e nenos se atopen no nivel cadena rompible, é decir, que sexan capaces de contar desde un número concreto en adiante. Se non fora o caso poderes adaptarlo pedíndolles que poñan tantas pezas como marca a carta, ou unha máis, unha menos.... Como sempre podedes poñernos nos comentarios as variantes dos vosos xogos...
jueves, 21 de mayo de 2020
Sombras
Deixamos unha nova proposta para experimetar coa luz, o sol, as sombras... Escollede algúns obxectos na casa que sexan un pouco altos e poñédeos diante dun papel buscando a proxeccion da súa sobra. Cando o teñades listo podedes trazar con un rotulador a sombra dos obxectos. Propoñémosvos que volvades ao cabo dunha hora a ver que ocurriu coa sombra e co voso debuxo, podedes trazar outra sombra? ...e se volvedes outra hora máis tarde?...
Aquí podedes ver como comezar coa proposta que non queremos adiantarvos o que vai pasar. Animádesvos a probar?
Aquí podedes ver como comezar coa proposta que non queremos adiantarvos o que vai pasar. Animádesvos a probar?
martes, 19 de mayo de 2020
Propostas matemáticas
Tedes no menú da esquerda o apartado de Propostas matemáticas no que iniciamos unha nova serie de videos nos que iremos mostrando xogos matemáticos con direrentes materiais e que chamamos Hoxe xogamos con...
Aquí vos deixamos o primeiro. Como sempre podedes poñernos nos comentarios outras variantes.
Aquí vos deixamos o primeiro. Como sempre podedes poñernos nos comentarios outras variantes.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
Dia internacional do medio ambiente
Hoxe retomamos o Rap do Medioambiente que escribimos no Entroido. O alumnado de 3 anos, 1º e 3º de primaria escolleron esta temática para es...
-
A golpe de luns chega Pablo coa segunda clase de Muñeira. Neste video atoparedes un repaso da primeira sesión e avanzamos co segundo punto d...
-
Traémosvos unha nova proposta. Teredes que buscar pola casa que material tedes dispoñible para facelo. Nós despois de rebuscar e rebuscar ac...
-
Dádevos unha volta pola sección de experimentos que acabamos de engadir seis novas oportunidades de desfrutar coa ciencia, algunha ben espec...